Amigo from Cabalgata (LP) by Ataque Escampe
Tracklist
9. | Amigo | 4:51 |
Lyrics
No día do patrón volverei soñar contigo cando monte eu só no saltón e nos cochitos. Aínda teño as caixas con todos os teus discos e debaixo da alma un cemiterio indio. E a xente é tan imbécil, pero a xente somos ti e mais eu. E a xente moito fala, pero a xente somos ti e mais eu. E a xente non as pensa, pero a xente somos ti e mais eu. E a xente dáme noxo, pero a xente somos ti e mais eu. Osiños, gominolas, a forma de bailar de papá nas vodas, as festas de disfraces e a túa risa frouxa. Xigantes, cabezudos, ese xesto raro de pechar os puños. Se o único xigante somos ti e mais eu. Alma, todos en corpo e alma. Noutro San Cosme. Alma. Litros de Monster: calma. Hai karaoke. Alma. Moito me doe: alma. Ata Feijoo ten alma. Soño que volves. Fantasmas do pasado, a canción «Amigo» de Roberto Carlos. Vivimos na outra parte do imperio dos xeados. Xigantes, cabezudos. Canto vai durar este minuto? Se o único xigante somos ti e mais eu.